全部 标题 作者
关键词 摘要

OALib Journal期刊
ISSN: 2333-9721
费用:99美元

查看量下载量

相关文章

更多...
Linguamática  2011 

Editorial

Full-Text   Cite this paper   Add to My Lib

Abstract:

Con este quinto número de Linguamática completamos o segundo ano da revista, cun total de 26 contribucións e 4 artigos convidados. Neste breve período de existencia, acadamos a indexación nalgunhas bases de datos ben relevantes, como Latindex, o Directory of Open Access Journals (DOAJ) ou o Google Scholar. Desde hai unhas semanas, todos os artigos publicados por Linguamática son tamén enlazados, resumidos e indexados tematicamente na importante base de datos bibliográfica co ecida como LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts). A partir deste número, imos incluír tamén a petición de artigos en lingua vasca grazas á colaboración desinteresada de Zuri e Folgado, a quen lle queremos agradecer aquí publicamente o seu meritorio labor de tradución. Esperamos que a incorporación desta lingua na petición de artigos favoreza a presentación de orixinais en euskara para publicación na revista. Desexamos, por último, agradecer o seu interese a todas as persoas que enviaron propostas de artigos para este número de Linguamática, tanto se foron publicadas como se non o foron, e o traballo de revisión fundamental para a revista de todos os membros regulares e convidados do Comité Científico.

Full-Text

Contact Us

service@oalib.com

QQ:3279437679

WhatsApp +8615387084133